Casiñas e niños. Obradoiro de cerámica.

O sábado 18 de marzo, de 12 a 13:30h,  terá lugar o obradoiro de cerámica Casiñas e niños. O taller está destinado a familias con crianzas entre a partir de 4 anos. A partir do traballo coa cerámica construiremos un espazo que habitar.

Casiñas e niños é un obradoiro creado a partir da exposición Íntima de Bibi Martín. Nel reflexionaremos sobre a importancia de protagonizar a construción do noso fogar e como influímos nel. Ademais, ao ser un taller para familias favorécese a relación entre os compoñentes dela, pois no só se comparte tempo, senón que se constrúe en compañía.

O obradoiro terá lugar o 18 de marzo, de 12 a 13:30h. Está dirixido a familias con crianzas a partir de 4 anos. O seu prezo é de 5€ con material incluído. As prazas son limitadas polo que se prega a inscrición previa en

airecentrodearte@gmail.com ou no 981 589 059

Por favor seguenos e comparte:

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *