Fachadas de fío, de Julia Ferradás

Tras saber o que acontece tras as paredes, chega o momento de saber cada un dos significados que agochan as fachadas. O 10 de marzo, a partir das 20h, #casamorada acolle a exposición Fachadas de fío, de Julia Ferradás.

Fachadas de fío é un conxunto de pezas de teas que teñen bordadas distintos edificios. Edificios que conforman casas, fogares… espazos construídos por persoas.

A exposición de Julia Ferradás vai alén das casas que debuxabamos cando eramos crianzas porque daquela, cada imaxe «era moito máis… alí dentro vivía dente, había habitación,s había comedor, había baño, había cociña… mamá, papá, xs irmáns…» explica a artista no número 12 do Aire Fanzine de Arte: Matriz .

Por iso convidámosvos a que non só saquedes a vosa parte máis profunda da infancia, senón que descubrades que implica cada unha das paredes que se erguen ao noso redor.

A exposición estará ata o 10 de abril.

Ademais, Julia Ferradás impartirá o obradoiro O lugar onde habito para crianzas entre 4 e 6 anos. Terá lugar o 25 de marzo de 12 a 13:30. Quen participe reflexionará sobre como construír e mellorar o entorno no que habita. O prezo é de 5€/persoa con material incluído. É necesaria a inscrición previa en airencentrodearte@gmail.com ou no 981 589 059.

 

 

 

 

Por favor seguenos e comparte:

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *