O lugar onde habito

O sábado 25 de marzo, de 12 a 13:30h,  terá lugar o obradoiro O lugar onde habito, impartido pola artista Julia Ferradás. O taller está destinado a crianzas entre  4 e 6 anos. Nel reflexionaremos sobre «a importancia que ten a casa na que vivimos e lugar onde se sitúa», segundo explica Julia.

Para iso, partiremos dunhas preguntas moi doadas como: Como é ese lugar? Quen o habita? Como é a xente que o habita? Como che gustaría que fose? … A partir destas respostas farase un texto que servirá de referencia para que as crianzas constrúan un mapa que reflicta o seu lugar para habitar ideal. O resultado será unha reflexión sobre como mellorar o noso entorno.

Julia Ferradás é artista, estudou Belas Artes na Universidade de Vigo e ademais formouse como docente a través do Máster de Profesorado da Universidade de Santiago de Compostela.

O obradoiro terá lugar o 25 de marzo, de 12 a 13:30h. Está dirixido a un público de entre 4 e 6 anos. O seu prezo é de 5€ con material incluído. As prazas son limitadas polo que se prega a inscrición previa en

airecentrodearte@gmail.com ou no 981 589 059

Por favor seguenos e comparte:

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *