Creatividade fotográfica, por Loly Villoch

Dentro das actividades de #casamorada, Loly Villoch imparte un obradoiro de creatividade fotográfica. Será o 17 de febreiro, de 17 a 20h, para un público adulto (a partir de 12 anos).

Como explica Loly «o taller busca facilitar que xs asistentes impulsen a súa creatividade para obter imaxes orixinais». Para iso explicaranse diferentes estratexias creativa, como xerar ideas e desenvolver a imaxinación.

A clase desenvolverase en dúas partes. Na primeira, teórica, Villoch explicará o seu propio proceso creativo, referentes, técnicas e estratexias de xeración de ideas… a partir de exemplos reais realizados por ela. Na segunda, xs participantes crearán a súa propia escena en miniatura partindo de cero, desenvolvendo a planificación e o bosquexo ata a realización. Deste xeito poderán descubrir novas utilidades para os obxectos cotiáns.

O obradoiro está dirixido tanto a persoas interesadas na fotografía como aquelas que teñan afección pola ilustración e outras artes visuais.

Loly Villoch centra o seu traballo na fotografía de autor e na fotografía de viaxes. Formouse con fotógrafos como Fuco Reyes, Gabriel Tizón, Sofía Moro ou Alberto García-Alix. Participou en 8 exposicións colectivas e realiza unha viaxe fotográfica ao ano.

O prezo é de 25€/persoa con material incluído. O número de prazas é limitado a 12 persoas.

Reserva a túa praza en: 

airecentrodearte@gmail.com // 981 589 059

Por favor seguenos e comparte:

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *