Iniciación á maxia, por Joshua Kenneth

O tarde do 11 de febreiro, Aire centro de Arte énchese de maxia. O ilusionista Joshua Kenneth impartirá un obradoiro para todas as persoas (a partir de 7 anos) interesadas en aprender maxia e ilusionismo.

De 17h a 19h, que participe non só desenvolverá a súa creatividade, senón que será máis hábil no uso das mans e gañará en autoestima e nas capacidades crítica e comunicativa,

O prezo do taller é de 15€/persoa co material máxico incluído que proporcionará o mago.

Joshua Kenneth participou en distintos espectáculos no Auditorio de Abanca, no Hostal dos Reyes Católicos, no Foster’s Hollywood, en La Tuerka 27… por nomear algunhas. Tamén apareceu en programas como Xente Emerxente (VTelevisión), Onde vai a xente (TVG) ou El arte de lo imposible (crónica de RTVE) entre outros. Pero como na maxia vale máis a imaxe… Aquí tedes un vídeo onde Kenneth entra en acción.

Reserva a túa praza en: 

airecentrodearte@gmail.com // 981 589 059

Por favor seguenos e comparte:

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *