Briconsello legal (VIII): internet e o respecto aos dereitos morais dx autor/a

Volven os briconsellos que nos acompañan periodicamente para non esquecernos das pequenas e grandes legalidades no mundo da cultura.

Esta semana, a nosa colaboradora, Visi López del Riego, avogada especializada en temas de cultura, dedica un  Briconsello legal xeral para internautas, que somos TODXS, e particular para os momentos en que difundimos, compartimos e divulgamos obras artísticas (textos, pinturas, fotografía…).

Aquí tedes cinco puntos sinxelos e tallantes:

1.- DEREITO DE DIVULGACIÓN: para difundir unha obra, que nunca fora divulgada por ningún medio, precísase do consentimento expreso do seu autor/a.

2.- DEREITO DE PATERNIDADE: débese incluír, sempre que sexa posible, o nome da persoa que ostente a autoría dunha obra, quen será, ademais, a única persoa autorizada para escoller se a difunde co seu nome, de xeito anónimo ou baixo seudónimo.

3.- DEREITO DE INTEGRIDADE: non se debe modificar unha obra orixinal sen o consentimento dx titular da obra.

4.- DEREITO DE ARREPENTIMENTO: unicamente x creador/a orixinal da obra pode retirala do comercio cando estea sendo explotada en liña.

5.- DEREITO DE MODIFICACIÓN: de xeito exclusivo, quen teña a autoría da obra poderá modificala libremente.

Así, se es autor/a e te atopas coas túas obras pola rede sen a súa correspondente autoría, LEMBRA, que hai un xeito de solución. Vén a Aire e consulta as túas dúbidas con:

Visi López del Riego

Aire centro de Arte

Caldeirería 50, 2º

981 589 059

TEXTO: Visi López del Riego

Por favor seguenos e comparte:

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *