Os pregos da memoria. Taller de origami

ORIGAMIXUÑO-350x245FICHA TÉCNICA:

Obradoiro: Os pregos da memoria.
Obradoiro de Origami.

Docente: 
Andreia Agra. (frufrüOrigami)

Data: 11 de xuño de 2016.

Duración: De 17h a 19:30h

Público: A partir de 13 anos. (Máx. 12 alumnxs)

Prezo: 18€ con material incluído

Comeza o verán, meses para recordar. Festivais, comidas ao aire libre, praia, sol… Todos estes momentos gárdanse na nosa memoria durante anos facendo que desexemos que cheguen os días máis longos do ano.

O papel tamén lembra. Garda entre as súas dobras todos e cada un dos movementos que nós lle ocasionamos. Entre eles, transfórmase, muda. Nunca máis volverá a ser coma antes.

Nós empregaremos esas dobras para facer obxectos que decoren o noso verán. Para isto, faremos xarróns, portavelas e grilandas de origami clásico, modular e empregaremos os corrugados.

O obradoiro está destinado a calquera persoa interesada na decoración e no origami. Non son necesarios coñecementos previos sobre a papiroflexia pero requírese paciencia e habilidade coas mans. Malia que o curso está orientado a adultos, poden asistir nenxs  de máis de 13 anos. O número máximo de alumnxs será de 12.

Construiremos as seguintes figuras:  frufruorigami2-350x245

• Xarra de rombos.

• Brocado-lámpara.

• Flor de loto.

• Portacandeas.

• Grilanda de triángulos.

• Grilanda de cubos.

• Grilanda de campás.

O taller estará impartido por Andreia Agra, unha apaixonada do origami. Descubriu a súa afección por casualidade, consultando unha antiga enciclopedia e así foi como xurdiu frufrüOrigami, blog no que as súas figuras decorativas feitas con papiroflexia convértense en protagonistas de relatos breves.

Texto: Andreia Agra


Os pregos da memoria é un obradoiro de origami impartido por Andreia Agra (frufrüorigami), que se desenvolverá o sábado 11 de xuño ás 17h ata as 19:30. Está adicado a un público adulto (a partir de 13 anos) e terá un máximo de 12 alumnos. O seu prezo, con material incluído, é de 18€.

Reserva a túa praza no e-mail airecentrodearte@gmail.como ou chama ao 981 589 059.

Por favor seguenos e comparte:

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *