OBRADOIROS INTENSIVOS: Performances…

accióncarmen2-300x225A performance ou arte en acción é unha linguaxe artística moi experimental. A palabra, o espazo, o corpo, a expresión, as técnicas plásticas e as escenográficas mestúranse nun taller intensivo dun día (de 10-14 h e 16-21 h) no que os rapaces e rapazas experimentarán a expresión creativa máis intensa e directa. Tras unha explicación teórica desta linguaxe na que se lles mostrará unha serie de vídeos dos performers máis destacados tanto a nivel nacional como internacional, darase paso a unha práctica en escena por medio de exercicios corporais.

Despois estaremos preparadxs para a improvisación e posterior deseño dunha performance coa temática traballada. Cada un actuará para o grupo de xeito individual, en parella e en grupo, para exercitar a “escoita”. Valorarán como espectadores e como actuantes a representación e a capacidade de transmitir as emocións das que partiron, a un tempo que o uso da iluminación e dos obxectos no espazo. Traballarase o autocoñecemento, a comunicación, a comprensión emocional e os conceptos artísticos e estéticos desta linguaxe.

* * *

O taller está guiado por Neves Seara, artista e performer cunha carreira de case 15 anos realizando intervencións a nivel internacional, con experiencia teatral e con 3 anos de traballo terapéutico grupal.
Para datas concretas, consultar na axenda ou no email e teléfonos de contacto.

* * *

Público: de 14 a 18 anos

Prezo:  25 €

 

* * *         * * *       * * *       * * *

HERE AND NOW (performance)

Unhas das pezas de Here and Now

Unhas das pezas de Here and Now

Este taller tamén, intensivo dun día, estará guiado por Neves Seara nun horario semellante ao anterior. Falarase das dinámicas corporais e teoría e práctica da performance, pero co traballo emocional apoiado por unha terapeuta Gestalt e integrativa que tamén conta con experiencia no ámbito da danza e do teatro.

Para datas concretas, consultar na axenda ou no email e teléfonos de contacto.

* * *

Público: de 18 a 100 anos

Prezo:  70 €

 

Por favor seguenos e comparte:

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *