Do garabato á escrita. Taller de escritura creativa.

IMG_2040-300x225As nenas e os nenos teñen unha imaxinación desbordante que se pode canalizar por distintos canles creativos. Ven e perciben o mundo dun xeito moi distinto ao dos adultos, absorbendo todo o que os rodea sen o baruto que ten a mirada máis vella. Aínda así xa son quen de xulgar e interpretar.

Aprender a escribir non é doado, como tampouco o é aprender a ler. Darlle un aspecto máis lúdico no que as letras collen vida e as personaxes cambien segundo as nenas e nenos queiran, fará que lles collan gusto ás letras e ás palabras, converténdose en algo máis que un apoio ao traballo feito nas aulas.

Un obradoiro literario axúdalles, de xeito doado e intuitivo, a estruturar experiencias e pensamentos, desenvolvelos e expresalos. A escritura profunda na comunicación desde a argumentación e a interpretación.

Desenvolver a creatividade axúdanos a enfrontarnos aos problemas con maior facilidade, xa que nos axuda a barallar diferentes solucións, ata atopar a que mellor se adecúe a cada situación.

* * *

“Do garabato á escrita” é un obradoiro de escritura creativo para nenas e nenos. A partires deses garabatos, deses trazos trementes, que supoñen as primeiras letras, palabras… desenvolveremos distintas historias e cambiaremos as coñecidas. As cativas e cativos aprenderán a crear un conto, poñendo en orde as súas idea dun xeito case intuitivo.

Por outra banda, tamén haberá unha variante para adolescentes, de xeito que poidan interpretar dun modo libre e autónomo, a través da creatividade escrita, o mundo que os rodea. Darlle un xiro ás súas realidades, incluso ás súas lecturas máis habituais, fará que comunicarse, cun mesmo e co entorno, sexa máis doado. Traballaremos distintos xéneros a través da ollada de diferentes escritores, dos seus textos, comprendendo a un tempo como se constrúen relatos.

O taller será práctico. Os conceptos aprendidos introduciranse a través dos contos que eles mesmos escriban.

Ademais aprenderán a facer caligramas, levando ao garabato á súa máxima expresión. Así quitarán o medo a escribir, pois a imaxinación e a liberdade serán os máximos expoñentes na aula.

* * *

Taller impartido por: Carmen Conde + Neves Seara

* * *

Público: Nenas e nenos, distintos grupos: de 6 a 8, e de 9 a 12 anos.

 

Prezo: 45€ ao mes.

Por favor seguenos e comparte:

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *