Abrimos matrícula!

  Un ano máis convidámosvos a matricularvos nos obradoiros regulares que terán lugar en Aire centro de Arte durante 2016-2017. Para ir abrindo as ganas, deixámosvos as diferentes opcións que vos poderedes atopar. Estade atentxs, pois iremos ampliando información sobre cada curso.     NENXS 1.- Arte e Idioma. Poderase escoller entre inglés e francés.

54 quilos de dor salgada

O mércores 25N, data marcada a sangue nos calendarios, chegamos á vila de Tui que agardaba por nós cuberta de néboa. A pedra da catedral latexaba expectante, como as cativas e cativos que se achegaron até ela para presenciar a performance Amante de Sal de Neves Seara. Os arcos do Museo Histórico Diocesano observaron como

Amantes de Sal. ViolenciaZero

Mañá baixaremos a Tui. Alí, Neves Seara desenvolverá a súa performanceAmantes de Sal. Será unha homenaxe a todas as vítimas da violencia de xénero: as asasinadas, as feridas, as que calan, as que deciden erguer a voz… Cuberta cun vestido branco de plástico, como se dunha noiva se tratase, percorrerá a praza da Catedral. Nela deixará

Error Vacui, exposició que enche baleiros

Ás veces, sen saber moi ben como, prodúcense conexións que nos transcenden. Iso foi o que lles sucedeu a Catalina Rodríguez e Yolanda Ataraxia. Compañeiras do taller de “Idea, concepto e proceso da creación” acabaron por transformarse en compañeiras de exposición. De esa unión nace “Error Vacui”, título inspirado na expresión horror vacui, medo ao