Desde hoxe, 19 de abril ata o 7 de maio, incluído, comeza a campaña de recollida de roupa nova ou seminova para o obradoiro intensivo Fondo de armario que impartirá a artista Elena G. Dahlgren o vindeiro 7 de maio.
Valerá calquera tipo de prenda: roupa de baixo, blusas, xerseis, calcetíns, saias, vestidos… O único requisito é que sexa esa roupa que queda no fondo do armario para un paraporsi e que non chega a saír del. É o momento de darlle unha segunda oportunidade!
Non é preciso participar no obradoiro para poder doar a roupa. Todas as prendas serán usadas para crear un miriñaque que será exposto. Unha vez rematada a mostra, se a obra non foi vendida, será doada a unha ONG que escollerá Dahlgren, igual que o diñeiro gañado pola venda de cada peza.
Haberá dous puntos de recollida:
- Aire centro de Arte, Caldeirería, 50, 2º / Santiago de Compostela / Horario: de luns a venres: 11h -14h // de 16h a 20h.
- Zona de Vigo e Baixo Miño: Pórse en contacto con Elena Gómez Dahlgren (por mensaxe privado na páxina do evento ou por correo-e pezpie@gmail.com)
Ábrese pois a obra FONDO DE ARMARIO ou a vaidade que agocho! Comezamos pois!
Primeiro acto. Recollida de fondos de armario