Volven os briconsellos que nos acompañan periodicamente para non esquecernos das pequenas e grandes legalidades no mundo da cultura.
Esta semana, a nosa colaboradora, Visi López del Riego, avogada especializada en temas de cultura, dedica un Briconsello legal xeral para internautas, que somos TODXS, e particular para os momentos en que difundimos, compartimos e divulgamos obras artísticas (textos, pinturas, fotografía…).
Aquí tedes cinco puntos sinxelos e tallantes:
1.- DEREITO DE DIVULGACIÓN: para difundir unha obra, que nunca fora divulgada por ningún medio, precísase do consentimento expreso do seu autor/a.
2.- DEREITO DE PATERNIDADE: débese incluír, sempre que sexa posible, o nome da persoa que ostente a autoría dunha obra, quen será, ademais, a única persoa autorizada para escoller se a difunde co seu nome, de xeito anónimo ou baixo seudónimo.
3.- DEREITO DE INTEGRIDADE: non se debe modificar unha obra orixinal sen o consentimento dx titular da obra.
4.- DEREITO DE ARREPENTIMENTO: unicamente x creador/a orixinal da obra pode retirala do comercio cando estea sendo explotada en liña.
5.- DEREITO DE MODIFICACIÓN: de xeito exclusivo, quen teña a autoría da obra poderá modificala libremente.
Así, se es autor/a e te atopas coas túas obras pola rede sen a súa correspondente autoría, LEMBRA, que hai un xeito de solución. Vén a Aire e consulta as túas dúbidas con:
Visi López del Riego
Aire centro de Arte
Caldeirería 50, 2º
981 589 059
TEXTO: Visi López del Riego