Deseño de cómic con David Fajardo

Imaxina pensar unha personaxe calquera con tódolos seus detalles; un moteiro enrugado, un guerreiro coa súa espada en posición de defensa, unha personaxe de debuxos animados tirada na cama e ata o mesmo mago Merlín. Pois agora imaxina poder levalo á realidade.

O pasado 22 de abril, o ilustrador David Fajardo acudiu a Aire Centro de Arte para explicarnos os principais conceptos na creación dunha historia e as diferentes técnicas sen desviarse da liña de deseño de cómic.

1-300x225

 

Nun primeiro lugar, os participantes do taller tiveron que imaxinar a personaxe que eles quixeran e, logo das primeiras explicacións de David Fajardo, comenzaron a trazar os primeiros bosquexos da súa obra.

2-300x225

Axustando sempre os coñecementos en función dos intereses dos nosos alumnos, as primeiras liñas ían cobrando forma e cada vez podíamos atisbar mellor o que sería o resultado final das personaxes.

3-300x175

David Fajardo explicou varias técnicas de composición de debuxo e deu uns pequenos truquiños para mellorar a técnica en función da personaxe que foran crear.

O resultado final foron obras do máis orixinal e cunha precisión do detalle de verdadeiros profesionais.

4-300x2255-350x2457-300x225

Deixámosvos unhas fotos do proceso do taller e convidámosvos a que participedes con nós nos próximos.

Texto: Sara Lodeiro.

Por favor seguenos e comparte:

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *