Obradoiro: Máscaras Picassianas
Docente: Neves Seara, Alejandra Perlera e Silvia Iglesias
Data: 6 de febreiro de 2016.
Duración: de 11 a 14h
Público: A partir de 4 anos
Prezo: 3€ con material incluído
Achégase o carnaval e en Aire centro de Arte puxémonos a pensar de que nos poderiamos disfrazar. Despois de moitas voltas decidimos poñernos unha máscara para transformarnos nun cadro de Picasso.
Durante a mañá do sábado aprenderemos cal é a historia artística que hai tras das máscaras a un tempo que descubriremos como se usaron en rituais e outros eventos pagáns como o Carnaval. Ademais cada persoa que se achegue creará a súa propia, inspirada no traballo do artista Pablo Picasso. O prezo da xornada será de 3€ e incluirá o material que se empregue para a elaboración da máscara.
Reservade a vosa praza escribindo a airecentrodearte@gmail.com ou chamando ao 981 589 059. Agardámosvos!