Esta semana, a nosa colaboradora, Visi López del Riego, avogada especializada en temas de cultura, dedica un Briconsello legal xeral a quen estea pensando en hipotecar a súa creación. Porque…
PÓDENSE HIPOTECAR OS DEREITOS DE AUTOR? SI E NON…
Convídovos a seguir estes tres pasos sinxelos para romper a ambigüidade creada.
1.- SI poden ser obxecto de hipoteca os DEREITOS DE EXPLOTACIÓN sobre as obras artísticas, o que inclúe a súa reprodución, distribución, comunicación e transformación.
2.-NON poden hipotecarse:
-as obras artísticas (en si mesmas).
-os dereitos morais sobre obras artísticas: divulgación, paternidade, integridade, modificación, retirada e acceso.
-os dereitos de remuneración sobre obras artísticas.
3.-A hipoteca constituirase en ESCRITURA PÚBLICA (ante notario) e deberase inscribir oblrgatoriamente no Rexistro de Bens Mobles e voluntariamente no Rexistro de Propiedade Intelectual.
LEMBRADE que a hipoteca é un dos documentos legais que máis dores de cabeza dá nestes tempos, así que, se ben pode ofrecerse como unha solución xurídica adecuada a determinados problemas xurídicos, hai que extremar os coidados á hora da súa constitución.
Para calquera dúbida ou curiosidade acudide a
Visi López del Riego
Aire centro de Arte
Caldeirería 50, 2º
981 589 059
TEXTO: Visi López del Riego