Unha raizame de papel. Taller de Origami

O sábado 17 de decembro, de 17 a 19:30h, volve o obradoiro de origami impartido por Andreia Agra (Frufrüorigami). O taller está destinado a persoas a partir de 12 anos. Como explica Andreia <<tentaremos  que vos sintades satisfeitos de facer algo coas mans, recordando as nosas raíces, nas que precisamente as mans era un das partes do corpo máis importantes para os nos antepasados>>. Ademais <<en “Unha raizame de papel” prepararemos a decoración de Nadal, que xa está preto. Faremos grilandas luminosas (de triángulos, de cubos e de campás), portacandeas e lámpadas para iluminar as nosas mesas e figuras para a árbore do Nadal.

Andreia Agra é unha apaixonada do origami. Descubriu a súa afección por casualidade, consultando unha antiga enciclopedia e así foi como xurdiu frufrüOrigami, blog no que as súas figuras decorativas feitas con papiroflexia convértense en protagonistas de relatos breves.

O obradoiro de origami terá lugar o 17 de decembro, de 17 a 19:30h. Está dirixido a un público a partir de 12 anos. O seu prezo é de 18€ con material incluído. As prazas son limitadas polo que se prega a inscrición previa en

airecentrodearte@gmail.com ou no 981 589 059

 

Por favor seguenos e comparte:

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *