Briconsello legal (VI): Unha obra na procura de autor/

Un venres máis, compartimos con vós o Briconsello legal para artistas, curiosxs, profanxs e xente de a pé. Para que reflexionedes durante a finde, a nosa colaboradora, Visi López del Riego, avogada especializada en temas de cultura, deixa algunha recomendación, nesta ocasión para coñecer algo máis sobre as obras orfas, que acaban de ser introducidas dentro da nova Lei de Propiedade Intelectual.

BRICONSELLO DE INTERESE PARA A CONSERVACIÓN, DIXITALIZACIÓN E DIFUSIÓN DE OBRAS ORFAS EN: BIBLIOTECAS, FONOTECAS, FILMOTECAS, PINACOTECAS, HEMEROTECAS E MÁIS «TECAS» PÚBLICAS

Obra orfa procedente do arquivo da Universidade de Bradford. J.B. Priestley and Jacquetta Hawkes at Brook Hill, 1958 (referencia do arquivo HAW 18/5/52/1). Autor descoñecido.

Obra orfa procedente do arquivo da Universidade de Bradford. J.B. Priestley and Jacquetta Hawkes at Brook Hill, 1958 (referencia do arquivo HAW 18/5/52/1). Autor descoñecido.

Todxs deberiamos gozar dun acceso responsábel á cultura; o patrimonio artístico non debe permanecer en cárceres inexpugnábeis; debe saír á luz, facerse visíbel, manterse vivo e saneado.

O noso sistema legal contempla toda unha rede permisos e licencias para regular os termos dese goce social da arte sen descoidar os dereitos de autor e propiedade intelectual, mais… que acontece cando se descoñece ou é imposíbel a localización da titularidade de tales dereitos? Cal sería o camiño correcto que teñen que facer as institucións para «adoptar» unha obra orfa?

As obras cinematográficas, literarias, audiovisuais e fonogramas divulgadas que formen parte das coleccións de centros públicos e sobre as que sexa posíbel a identificación ou localización da súa autoría a pesares de ter efectuado un achádego dilixente, poderán ser obxecto de indexación, catalogación, conservación e restauración sempre que non exista ánimo de lucro pola súa banda e se facilite, con iso, o achegamento da obra con fins educativos e/ou culturais.

Para evitar controversias na cualificación dunha obra como orfa, púxose en marcha unha base de datos xestionada pola Oficina para a Harmonización do Mercado Interior -OAMI- no que se detalla un rexistro único y público das mesas. España aínda non fixo efectivo o rexistro de algunha obra orfa, pero seguro que non tardará en adaptarse ás novidades desta iniciativa lexislativa.

ADOPTEMOS UNHA OBRA ORFA PORQUE SEMPRE NOS QUEDARA O PATRIMONIO!

Para dúbidas e demais orfandades contacta coa familia de Aire…

Visi López del Riego

Aire centro de Arte

Caldeirería 50, 2º

981 589 059

TEXTO: Visi López del Riego

Por favor seguenos e comparte:

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *