Briconsello legal (V): Adaptación de obras

Comeza o curso e con el volve o Briconsello legal para artistas, curiosos, profanos e xente de a pé. Para que reflexionedes durante a finde, a nosa colaboradora, Visi López del Riego, avogada especializada en temas de cultura, deixa algunha recomendación, nesta ocasión para quen desexe facer unha nova versión dunha obra literaria, artística, musical…

BRICONSELLO LEGAL ADICADO A MODIFICADORXS, ADAPTADORXS, VERSIONADORXS, REMAKERS, TRADUTORXS, AFECCIONADXS AO SPIN-OFF E COPISTAS VARIXS

Versión de Alicia no País das Marabillas (Lewis Carroll) do ilustrador Sir John Tenniel, 1865

Versión de Alicia no País das Marabillas (Lewis Carrol) do ilustrador Sir John Tenniel, 1865

As musas que nos agasallan con obras fermosas son indómitas; as fontes das que bebemos para lograr as nosas creacións son autónomas; os estímulos espontáneos.

No entanto, non hai que descoidar o límite entre a versión e a copia.

Versión de Alicia no País das Marabillas (Lewis Carroll) de Disney, 1951

Versión de Alicia no País das Marabillas (Lewis Carrol) de Disney, 1951

Para non incorrer na infracción dos dereitos de propiedade intelectual, á hora de transformar, alterar, adaptar ou realizar unha versión propia dunha obra artística xa divulgada deberán seguirse tres pasos esenciais:

1.- Asegurarse de que a obra está en dominio público: normalmente cúmprese o prazo transcorrida toda a vida dx autor/a/divulgación da obra e 70 anos máis.

Versión de Alicia no País das Marabillas (Lewis Carroll) de Tim Burton, 2010

Versión de Alicia no País das Marabillas (Lewis Carroll) de Tim Burton, 2010

2.- Se os dereitos sobre a obra están vixentes: solicitar a autorización dx autor/a /intérprete/ creador/a ou da persoa que teña cedidos os dereitos de explotación sobre a mesma (editorial, descendentes, galería de arte, institución cultural entre outros).

3.- De calquera xeito, respectar a integridade moral da obra orixinal evitando calquera prexuízo ou menoscabo da reputación dx autor/a.

Polo demais… A INSPIRACIÓN É LIBRE! FAGAMOS USO DELA!

Para dúbidas, licencias, permisos e demais «copieteos» dirixídevos a:

Visi López del Riego

Aire centro de Arte

Caldeirería 50, 2º

981 589 059

 

TEXTO: Visi López del Riego

Por favor seguenos e comparte:

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *