Comeza o curso e con el volve o Briconsello legal para artistas, curiosos, profanos e xente de a pé. Para que reflexionedes durante a finde, a nosa colaboradora, Visi López del Riego, avogada especializada en temas de cultura, deixa algunha recomendación, nesta ocasión para quen desexe facer unha nova versión dunha obra literaria, artística, musical…
BRICONSELLO LEGAL ADICADO A MODIFICADORXS, ADAPTADORXS, VERSIONADORXS, REMAKERS, TRADUTORXS, AFECCIONADXS AO SPIN-OFF E COPISTAS VARIXS
As musas que nos agasallan con obras fermosas son indómitas; as fontes das que bebemos para lograr as nosas creacións son autónomas; os estímulos espontáneos.
No entanto, non hai que descoidar o límite entre a versión e a copia.
Para non incorrer na infracción dos dereitos de propiedade intelectual, á hora de transformar, alterar, adaptar ou realizar unha versión propia dunha obra artística xa divulgada deberán seguirse tres pasos esenciais:
1.- Asegurarse de que a obra está en dominio público: normalmente cúmprese o prazo transcorrida toda a vida dx autor/a/divulgación da obra e 70 anos máis.
2.- Se os dereitos sobre a obra están vixentes: solicitar a autorización dx autor/a /intérprete/ creador/a ou da persoa que teña cedidos os dereitos de explotación sobre a mesma (editorial, descendentes, galería de arte, institución cultural entre outros).
3.- De calquera xeito, respectar a integridade moral da obra orixinal evitando calquera prexuízo ou menoscabo da reputación dx autor/a.
Polo demais… A INSPIRACIÓN É LIBRE! FAGAMOS USO DELA!
Para dúbidas, licencias, permisos e demais «copieteos» dirixídevos a:
Visi López del Riego
Aire centro de Arte
Caldeirería 50, 2º
981 589 059
TEXTO: Visi López del Riego