Pequeartistas de Aire

arañas8A partir de proxectos dun mes aproximado de duración, xs alumnxs de entre 4 e 14 anos aprenderán conceptos artísticos a partir do análise da obra de diferentes artistas e correntes.

Non só aprenderán sobre as formas, cores, composicións, espazo… senón que comprenderán o proceso creativo de diferentes técnicas, expresións e movementos artísticos.

Debuxo, pintura, escultura, arquitectura, gravado, fotografía serán as técnicas plásticas ás que recorreremos en todas as súas posibilidades para explotar a narratividade de cada alumnx e serviranos para aprender a expresar emocións, a presentar ao grupo o seu traballo, a compartir, explorar o seu entorno e as súas emocións, elaborar conceptos complexos, a organizarse e a traballar en grupo e individualmente.

estampacion cionOs obradoiros creativos de Aire non só serven para aprender as técnicas que ensinamos, senón que son unha ferramenta para expresarse que xerará confianza nos alumnos e lle permitirá aprender divertíndose.

A nivel físico, o manexo dos materiais, pinceis, ferramentas de modelado, etc… axudaralles a afinar as súas capacidades e destrezas, así como a liberar tensións acumuladas.

IDADES: de 4 a 13 anos

HORARIO:

Luns a partir das 16:30 ata as 19:30 (varios grupos)

Martes a partir das 16:30 ata 20 (varios grupos)

Venres a partir das 16:30 ata as 19 (varios grupos, crianzas entre 9 e 12 anos)

PREZO: 50€ matrícula, 35€ mensuais

Máis información en:

airecentrodearte@gmail.com

981 589 059

Por favor seguenos e comparte:

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *