Sonoterapia

sonoterapia

“Se queres entender o universo

pensa en enerxía, frecuencia e vibración”

Nikola Tesla

 

 

Que é a sonoterapia?

A sonoterapia utiliza a vibración e o son para curar a nivel físico, mental, emocional e espiritual. Baséase no feito de que todo ten unha vibración determinada e característica. O son é vibración: as notas máis graves son vibracións de baixa frecuencia mentres que as máis agudas son vibración de frecuencia máis elevada. Como os diferentes tons do son, cada órgano, cada célula, cada meridiano, cada punto enerxético do noso corpo vibra coa súa propia frecuencia.

Por iso podemos afirmar que somos vibración e que, cando estamos sans, vibramos en harmonía. Así, cando un órgano, chakra ou meridiano está san e equilibrado, a súa frecuencia vibratoria está en harmonía co resto do corpo; pero se este se desaxusta ou se dana, a súa frecuencia altérase como consecuencia, creando unha disonancia que xera malestar, dor, debilidade, etc.

Se se aplica unha vibración de frecuencia equivalente á específica para un órgano determinado, pódese conseguir que ese órgano recupere a súa frecuencia de resonancia, harmonizándose co resto do corpo e desaparecendo así as aflicións que a súa alteración puidera ter ocasionado.

Como exemplo podemos falar do noso cerebro: un órgano con frecuencias cambiantes coñecidas. Cando estamos espertos, activos, emite vibracións beta o gamma (segundo sexa o nivel de actividade) dunha frecuencia alta. Cando estamos relaxados ou descansando de forma consciente, emite vibracións alfa (de frecuencia intermedia). Cando estamos nun estado de sono ou meditación, emite vibracións delta o theta (de frecuencias máis baixas). Con estas frecuencias rexenérase a mente e harmonizamos as nosas emocións (todos precisamos durmir ou toleariamos). A aplicación de dous vibracións moi similares pode inducir ao noso cerebro a emitir frecuencias theta ou delta como as producidas no sono ou meditación e, polo tanto, favorecer a rexeneración mental e espiritual. Sería literalmente como inducir a un sono rexenerativo, curativo e harmonioso.

A sonoterapia consiste, por tanto, en utilizar as vibracións con frecuencias determinadas para acadar os efectos anteriormente citados no corpo, na mente e no espírito.

Que son os diapasóns terapéuticos e como se utilizan para sandar? 

Os diapasóns terapéuticos son instrumentos que emiten unha vibración determinada. Deste xeito permiten traballar con frecuencias específicas desexadas (De modo individual ou combinada).

Poden utilizarse directamente en contacto co noso corpo, transmitindo a vibración a puntos enerxéticos ou órganos determinados e tamén nas proximidades do mesmo para transmitir a vibración de xeito máis sutil ao noso cerebro, a través dos ouvidos, ou ao noso corpo a través do noso campo enerxético. Ao sentir a súa enerxía e vibración, o noso corpo, como ser vibrante e frecuencia empática pura que é, comeza a vibrar e a resoar á mesma frecuencia que a do diapasón. O que está a suceder nese momento é un micromasaxe a nivel celular, unha recarga enerxética que lle está devolvendo ao corpo a súa vibración harmónica natural.

Isto é algo único e marabilloso deste instrumento, dificilmente alcanzable por outros medios, xa que a posibilidade de emitir frecuencias concretas permite non só a aplicación directa a órganos determinados, senón ademais a combinación de frecuencias para crear, entre outras, ondas theta e delta como se explicou anteriormente (cos enormes beneficios que isto ten).

A sonoterapia con diapasóns terapéuticos combina deste xeito coñecementos de culturas ancestrais que desde hai milenios utilizaban o son e a vibración para sandar, con coñecementos científicos máis modernos que nos permiten coñecer e xerar as frecuencias exactas que harmonizan e reequilibran o noso organismo.

Así, pódese traballar de xeito profundo e duradeiro a raíz das aflicións do paciente (equilibrando o noso sistema nervioso, aliviando dores, rexenerando tecidos, curando músculos e tendóns, etc.) devolvendo un estado harmónico a todo o noso organismo nos planos físico, mental, emocional e espiritual.

Canto dura unha sesión de sonoterapia?

Desde 60 ata 90 minutos, dependendo das necesidades específicas de cada paciente.

HORARIO: cita previa

PREZO: A partir de 20€ sesión (proba gratis)

Erica Rendall: Compositora, Educadora Musical, Sonoterapeuta profesional (licenciada por la Universidad de Artes de Berlín).

Máis información en:

info@ericarendall.com

   Tfn: 694444371

 

Por favor seguenos e comparte:

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *