Quen dixo refugallo?

O pasado 25 de abril, Aire centro de Arte viaxou á Mariña lucense. A penas un mes antes foramos convidadas a impartir uns obradoiros para o Días das Artes Plásticas da Mariña, que combinaran arte e reciclaxe. Os talleres escollidos foron a creación de instrumentos musicais a partir de materiais de refugallo para xs rapacxs de 2º da ESO e a elaboración de móbiles segundo Calder para xs de 3º da ESO.

instrumentos-300x228Así que veloces, ilusionadas e acompañadas dun fermoso sol de primavera viaxamos á costa de Lugo. Fomos recibidas no IES Alfoz-Valadouro por Paz Quiroga, a profesora de Plástica que nos presentou a Cristina Basanta, artista da mariña que, coma nós estaba convidada a impartir os obradoiros que comezaron as 12:30h tras o timbre do recreo.

O taller de segundo da ESO foi adicado á creatividade e reciclaxe ligado á música. Nun primeiro momento explicouse xs nenxs como funcionaban determinados instrumentos e que imaxinaran de que xeito poderían recreados cos materiais que tiñan dispoñibles na mesa.

instrumentosfin-300x238O primeiro instrumento que se fixo foi unha guitarra, que xs rapacxs construíron furando unha caixa de zapatos e colocándolle unhas gomas elásticas que atravesaban o oco, coa finalidade de reproducir a caixa de resonancia da guitarra e imitar o seu son.

O segundo instrumento fixérono cuns botes duros. Atravesaron a estrutura do mesmo duns pequenos paus de madeira para lograr facer uns paus de vento. Encheron o seu interior de grans de arroz ou lentellas e tapárono. Ao facelo xirar emulaban o son.

Pronto xurdiron as ideas propias e utilizando botellas baleiras de produtos de limpeza, construíron pequenas, medianas e grandes trompetas coas que pasaron un bo rato. Ao finalizar cadaquén pinto os seus instrumentos e o resultado final foi unha orquestra creativa e colorida do máis orixinal.

Calder-300x225O obradoiro de terceiro da ESO consistiu na construción dun móbil a partir de retais de cartulina, cartón, revistas… procedentes das distintas actividades de plástica e que, aparentemente, xa non se poden aproveitar. Nun primeiro momento explicóuselles quen era Alexander Calder e como construía os seus móbiles a partir de figuras xeométricas e usando as cores primarias.

calderfin-225x300Xs rapacxs non tardaron en levar esta explicación ao seu terreo e comezaron a construír figuras que emulaban o mar, o campo, espirais vertixinosas, os seus nomes… até a aliñación de un equipo de fútbol. Aproveitando perchas vellas, arame e nailon crearon as súas propias estruturas das que colgar un universo propio.

Para rematar, cada participante deixou o seu móbil colgando dunha corda que servía de apoio. Todas xuntas abaneábanse ao ritmo das correntes de ar que deambulan polo ximnasio do instituto.

Estas dúas actividades fixéronse ao mesmo tempo que o retrato de Manuel María a partir de tapóns, levado por Paz Quiroga, e un cadro «pintado» con materiais de refugallo dirixido por Cristina Basanta. Para que vexades que ben o pasamos compartimos as fotos que nos fixeron:

https://plus.google.com/photos/115044627560353144192/albums/6277487316677744257

E as pequenas crónicas do día:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/alfoz/2016/04/28/artistas-eco-friendly-alfoz/0003_201604X28C10991.htm

http://www.edu.xunta.es/centros/iesalfoz/

http://www.cronica3.com/2016/04/obradoiros-de-arte-e-reciclaxe-no-ies-alfoz-valadouro/

Agardamos poder volver pronto!

Texto: Sara Lodeiro e Andrea Barreira

Por favor seguenos e comparte:

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *