Ollal sen botón. Biografía das artistas consolidadas

Como non podería ser doutra maneira, para esta exposición contamos con artistas mulleres: Bárbara Velasco, Carolina Cruz Guimarey e Teresa Búa, artistas que cun impáctante traballo transmiten esta experiencia de empoderamento con liñas diferentes.

barbara-velasco-225x300Bárbara é unha artista que traballa sobre todo desde o campo da educación, e en concreto, o da educación feminina. Para a exposición contaremos con dúas obras da artista. A primeira é Matriz, de 2015, unha peza de tea e fío, cun texto educativo cosido sobre vulva, de tinguidura machista. O texto é sobre “a perfecta casada” de Frei Luís de León. Con ela, fai unha crítica dos valores de outrora que aínda se conservan en moitos sectores da sociedade.

A outra peza é Sprout, do mesmo ano que a anterior. Trátase dunha instalación con 14 tarros de cristal de diversos tamaños e formas, que conteñen diferentes tipos de fío cunha característica común: a cor vermella. Da maraña de fío xorden árbores creadas pola artista a partir de páxinas arrincadas e rotas coas mans. As páxinas pertencían a un libro de educación católica española dos anos 50, feito para nenas de 14 anos. Con ela critica a “construción da identidade da muller actual, a través da fractura, o legado e a reinterpretación de textos que definían o seu papel na sociedade”.

 

carolina-cruz-guimarey-300x198Carolina é unha artista que traballa temas de identidade e memoria dende perspectivas poéticas, usando en moitos casos lemas feministas. Achega para esta ocasión unha serie de obras que nacen inspiradas no himno feminista LEVON-NOUS! (Levantémonos!), utilizado polo movemento francés na década dos 70 MLF (Movemento de Liberación das Mulleres) e que empeza cuns versos moi relacionados co interesante arquivo fotográfico de mulleres anónimas, coas que Carolina constrúe estas pezas: “Nós, que non temos pasado, as mulleres, nós que non temos historia (…)”. É unha serie que, inicialmente, esbózase na residencia de artistas Camac en Marnay-sur-Seine (Francia) no 2013, cando Carolina atopa as fotografías anónimas de mulleres que usará nas súas transferencias.

Posteriormente, durante a súa residencia da 17 Bienal de Cerveira en Vila Nova de Cerveira (Portugal), inicia os traballos nestas obras que finalmente se expoñen na ZonaC en 2014, gracias ao financiamento do Concello de Santiago de Compostela. As pezas desta serie realízanse con técnicas sinxelas e relacionadas con tarefas tradicionalmente ligadas ao campo doméstico e da muller, como o bordado. A obra, busca e consegue emocionar, conmover ou mesmo incomodar, porque baixo unhas pezas aparentemente silenciosas, sutís, amables, hai un trasfondo comprometido, inquietante, evocador e combativo, a pesar de non perder, por iso, o seu ton poético.

teresa-bua-215x300Teresa, é unha artista que constantemente trata os temas de identidade. Sitúase entre o suxeito e o obxecto, e trata de facerse partícipe dos distintos roles.  Inclúe na súa obra os seus propios sucesos, os seus recordos e a educación que percibiu na súa contorna familiar, facéndoa profundamente autobiográfica.

Para esta ocasión tráenos unha obra que leva por título Teresa con Don, do ano 2014. Unha estampa acompañada dunha hucha de metacrilato, que se aproxima ás estratexias e estéticas de marketing da relixión. Unha obra entre realidade e ficción, coa que dá un pequeno paso para financiarse como artista. É unha crítica ao sistema en xeral, ao contexto social no que vivimos. A parte, leva intrínsecos aspectos autobiográficos, sendo unha chiscadela irónica á súa obra. Con ela tamén se achega á cultura que proporciona a familia e, explicitamente, á cantiga popular, mencionada na estampa e que a artista lembra porque lla cantou o seu avó cando ela lle explicou unha peza que estaba a realizar.

Por favor seguenos e comparte:

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *