Reflexión e obradoiro sobre a violencia de xénero

proba-28-nove-violenciahoranova-350x245FICHA TÉCNICA:

Obradoiro:  Charla e obradoiro ao redor da violencia de xénero

Imparten: Visi López, Neves Seara e Andrea Barreira

Data: 28 de novembro de 2015.

Duración: 19:30h – 21:30h

Público: A partir de 12 anos

Prezo: 4€

Cada 25 de novembro, “celébrase” unha data triste: “O día contra a violencia de xénero”. Para achegármonos a esta problemática, reflexionaremos sobre o tema ligando os puntos de vista legais, artísticos e literarios. Así partiremos da comprensión de que é a violencia de xénero, como se amosa e que ferramentas temos para combatila e saír dela.

Descubriremos como distintas artistas, escritoras… sufriron e reflexaron esta situación, como algunhas lograron saír do círculo, como outras non… Mais todas deixaron nas súas obras a pegada dese duro camiño.

Quen asista ao obradoiro, ademais de coñecer as ferramentas legais e asistenciais para cortar coa violencia de xénero, poderá converterse noutra voz forte e firme contra ela, e atopará distintos xeitos de expresarse ante un problema que, directa ou indirectamente, nos afecta a todas e todos.

O taller terá lugar o vindeiro sábado 28 de novembro ás 19:30h en Aire centro de Arte. Agardámovos!

Por favor seguenos e comparte:

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *