Obradoiro: Charla e obradoiro ao redor da violencia de xénero
Imparten: Visi López, Neves Seara e Andrea Barreira
Data: 28 de novembro de 2015.
Duración: 19:30h – 21:30h
Público: A partir de 12 anos
Prezo: 4€
Cada 25 de novembro, “celébrase” unha data triste: “O día contra a violencia de xénero”. Para achegármonos a esta problemática, reflexionaremos sobre o tema ligando os puntos de vista legais, artísticos e literarios. Así partiremos da comprensión de que é a violencia de xénero, como se amosa e que ferramentas temos para combatila e saír dela.
Descubriremos como distintas artistas, escritoras… sufriron e reflexaron esta situación, como algunhas lograron saír do círculo, como outras non… Mais todas deixaron nas súas obras a pegada dese duro camiño.
Quen asista ao obradoiro, ademais de coñecer as ferramentas legais e asistenciais para cortar coa violencia de xénero, poderá converterse noutra voz forte e firme contra ela, e atopará distintos xeitos de expresarse ante un problema que, directa ou indirectamente, nos afecta a todas e todos.
O taller terá lugar o vindeiro sábado 28 de novembro ás 19:30h en Aire centro de Arte. Agardámovos!