Briconsello legal (III): Obras artísticas expostas en vías públicas

IMG_1583-copia-400x450

Atlante do escultor Manolo Coia, “O soño do emigrante” de 1994. Unha escultura en bronce no faro de Punta Nariga.

Volvemos coa sección de Briconsellos legais pasa artistas, curiosos, profanos e xente de a pé. Como un martes calquera, a nosa colaboradora, Visi López del Riego, avogada especializada en temas de cultura, deixa algunha recomendación sobre as obras artísticas que nos atopamos en rúas, prazas, parques…

Universitarios agochados tras cadernos enormes, grupos de viaxeiros armados con cámaras fotográficas de último modelo,youtubers convencidos, tenaces bloggers de moda, filmadores profesionais, retratistas eventuais, gravadores de detalles e todos aos que nos gusta fotografar a arte na rúa. Por un día sintámosnos ceibes das cadeas legais! Pintemos, copiemos, gravemos, debuxemos, fotografemos como se non houbera un día de mañá! Tomemos conciencia social do espazo público! Ampáranos a lei!

Sempre que sexan obras artísticas colocadas de xeito PERMANENTE nas vías ou zonas de acceso públicas (prazas, rúas, parques…) ou apreciabeis visibelmente desde a vía pública (fachadas, xardíns, fontes), está permitida a súa libre reprodución, distribución e comunicación público incluso con ánimo de lucro.

O único que non deberiamos deixar de facer nunca é mencionar, sempre que se poida, o nome da autora ou autor da obra que homenaxeamos a través de calquera medio analóxico ou dixital.

Xa sabedes! Saíde á rúa que a admirar a arte PÚBLICA e reproducila en cada pedra, paso ou ventá!

E non vos esquezades. Se tedes algunha dúbida, descolocación artística, licencias ou outro tipo de calellas legais sen saída, informádevos con Visi López del Riego en Aire centro de Arte, Caldeirería 50, 2º, Santiago de Compostela.

Por favor seguenos e comparte:

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *