Tres anos de historia en Aire centro de Arte

collgPEquesWeb-300x195Pode que tres anos parezan poucos, pero tres anos camiñando con Aire foron moi importantes para min. Tres anos de loitas diarias, axustes, reaxustes, desesperanzas, dúbidas, atinos, enormes acertos, maxia, confluencia, comunicación, comprensión, creación, expresión, amor, alentos e esperanzas para min, os colaboradores e os participantes.

Eventos de todo tipo teñen ocurrido aquí: humildes descubrimentos nos pequenos exercicios dos alumnos e grandes obras e expresións das súas capacidades. Recitais de poesías e palabras que aloumiñan a alma. Presentacións de libros cativos ou grandes, resultado de grandes loitas personais. Comunicación alternativa cos representantes do periódico La Marea. Concertos inaugurais de música clásica, tango, Hip Hop, ata presentación de discos como o último de Pablo Seijas.

Inauguracións inspiradas e creativas das nosas exposicións de arte mensuais, con lectura de poemas,performances ou actuacións variadas. Exposicións de arte de todo tipo, desde instalacións, escultura, intervencións específicas, pintura, debuxo, gravado, etc, en mostras individuais ou colectivas.collgEventosWEb-300x190 Entre as nosas paredes e chanzos volcaron a súa forza creativa artistas como Jorge Varela, Laura Salguero, Basilisa Fiestras, Paula Gómez del Valle, Santi Jiménez, Martyn Mills, Ana Seoane, Uxía Piñeiro, Raúl Álvarez, Mercedes Cabada e Marina Berdalet, Marga Crespo, Reme Remedios, Catalina Rodríguez e Yolanda Ataraxia, Sabela Alonso, Varja Jovanovic e Carlos Cambre; e performers como Paula Quintas, Neves Seara e Monica Mura, Iria Sobrado, Teresa Búa, Alberto Bidarra, Alfonso Rivero e Uxia Amigo; ou os escritores Sabela e Inti Losadas, Toni Martínez, Cristina de Merza, Begoña Díez, Anna Raven…

Os nosos alumnos de tódalas idades recolleron toda esa inspiración en obradoiros de arte e creatividade, escritura inspirada nas exposicións, videocreación, cine ou fotografía… collgadultosWeb-300x227Neste sin fin de creación, aportaron as súas colaboracións Videodinamizarte, Antonio Brea, Xoan Escudero, Eutropio Rodríguez, Adela Dávila e Andrea Lago, Antón López e Carme Piñeiro… Vaise conformando xa unha línea de traballo cada vez máis coidada e limpa, arraigado en alimentar e incentivar a creación dos nosos alumnos e apoiar a artistas emerxentes. Estando abertos a todo tipo de propostas suxerentes.

Todo o acontecido en Aire foi volcado na nosa revista trimestral, Aire fanzine de Arte, en textos, imaxes e relatos de Andrea Barreira Freije, a outra directora de Aire desde o 2015. Tanta maxia, tanta forza, vibran neste espazo facendo que o sol entre polos catro costados e as plantas medren con exuberancia mentres se crean sinerxias, amizades e unións fantásticas. Vaise conformando xa unha línea de traballo cada vez máis coidada e limpa, arraigado en alimentar e incentivar a creación dos nosos alumnos e apoiar a artistas emerxentes. Estando abertos a todo tipo de propostas suxerentes.

Por favor seguenos e comparte:

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *