Mamá quero ser artista! (II)

Un ano máis, damos por finalizado un curso cheo de risos, aprendizaxe e amizade. Para celebralo, queremos compartir con vós o traballo realizado durante estes meses. Será unha festa exposición que terá lugar o 23 de xuño ás 19h en Aire centro de Arte. Nesta exposición veredes obras de artistas que van desde os 4

Taller de moldes, con Roi Domínguez

Achegámonos ao final de curso da man do artista ourensán Roi Domínguez. Especialista en escultura, preséntanos un obradoiro de moldes que terá lugar os días 10 e 11 de xuño. O horario será de mañá, de 10h a 14h. Está dirixido a un público adulto, a partir de 12 anos. No obradoiro, quen perticipe construirá

Anécdotas legais varias (I)

A orixe do dereito de participación en re-venta de orixinais plásticos A nosa especialista en dereito legal dx artista, Visi López del Riego, ademais dos Briconsellos Legais, déixanos unha serie de anécdotas para que descubrades o que hai detrás das lexislacións culturais. Comezamos con: A orixe do dereito de participación en re-venta de orixinais plásticos.

Verán creativo!

CAMPAMENTO DE VERÁN EN AIRE CENTRO DE ARTE!!   VIVE A CREATIVIDADE!!! MATRÍCULA ABERTA!   Achégase o verán e Aire centro de Arte e Cornelia Craft únense para ofrecervos un Verán Creativo! Xa está aberta a matrícula! No espazo compostelán de Aire centro de Arte, durante todo o mes de xullo e a primeira quincena de setembro, nun horario de 10h a 14h (tamén haberá a opción para as persoas máis madrugadoras de comezar ás 8h),

A miña vaidade, de Elena G. Dahlgren

Este mes de maio, a artista Elena G. Dahlgren sacará as cores das nosas vaidades. Será o 19 de maio, ás 20h, cando presente en sociedade A miña vaidade. A miña vaidade é o tramo final do Fondo de armario. Trátase dun conxunto de miriñaques que se erguen como roupa nova feita de roupa sacada dos

Escintileos de papel II. Taller de origami

Un mes máis, volven os obradoiros de origami da man de FrufrüOrigami (Andreia Agra). A próxima cita será unha xornada dobre: o 6 e o 13 de maio, de 17h a 19:30. Está dirixido a un público adulto, a partir de 12 anos. Desta volta, as pezas creadas estarán adicadas á luz, por iso aprenderemos

Fondo de armario. Recollida de roupa

Desde hoxe, 19 de abril ata o 7 de maio, incluído, comeza a campaña de recollida de roupa nova ou seminova para o obradoiro intensivo Fondo de armario que impartirá a artista Elena G. Dahlgren o vindeiro 7 de maio. Valerá calquera tipo de prenda: roupa de baixo, blusas, xerseis, calcetíns, saias, vestidos… O único requisito

Fondo de armario. Obradoiro

O vindeiro 7 de maio, a artista Elena G. Dahlgren impartirá un obradoiro no que quen participe construirá o seu propio miriñaque. Na xornada, que durará 7 horas (de 11h a 20h), o público asistente (adultos a partir de 12 anos) descubrirá non só a obra da artista, senón todo o que había detrás desta estrutura e o

Blau Line, de Belkiss Oliveira

Comeza a conta atrás para rematar o curso. Acompáñanos nesta recta final a artista portuguesa Belkiss Oliveira, que trae ao espazo expositivo de Aire centro de Arte a súa exposición Blau Line. Será o 28 de abril ás 20h. Blau Line é un camiño entre as texturas. Por unha banda, o azul cobra protagonismo convidándonos

Baby Band!

O 29 de abril ás 11:30h, Aire centro de Arte énchese de música e contos para todas as idades. Desde A Coruña chega a Baby Band! A través do seu último espectáculo Canta Poesía, a banda fará un percorrido pola poesía actual e de sempre a través «dun divertido e entrañable espectáculo para toda a familia».