Debuxo e pintura

As persoas interesadas en aprender a base de debuxo e pintura atoparán aquí o seu espazo. Estas clases están orientadas á ensinanza de distintas técnicas: grafito, acuarela, óleo, carbón, pastel… o que lles permitirá descubrir as súas posibilidades, propiedades e texturas. Ademais aprenderán conceptos como a composición, o uso da cor, perspectiva, encadre, sombreado… Os

Idea, concepto e proceso da creación (Arte)

Idea, concepto e proceso da creación é un curso que segue a metodoloxía das facultades de Belas Artes. Nel, quen participa desenvolve ou seu propio proxecto creativo, desde a concepción da idea á execución da peza, pasando pola investigación do concepto que se pretende desenvolver. A un tempo apréndense e profúndase nas distintas técnicas que

Pequeartistas

As crianzas aprenderán distintas técnicas e expresións a través do traballo de artistas do pasado e do presente, sen perder nunca a súa propia ollada. Así desenvolverán o seu xeito de ver, interpretar e crear o mundo no que viven. Ademais terán a posibilidade de recibir clase das artistas que expoñan en Aire e, unha

Verán creativo! Setembro

CAMPAMENTO DE VERÁN ARTE E IDIOMA! EN AIRE CENTRO DE ARTE!!   VIVE A CREATIVIDADE!!! MATRÍCULA ABERTA!   Remata o verán, pero non a diversión.  Aire centro de Arte xunto á Escola de Idiomas Lorca Institute ofrécevos un final de Verán Creativo! Arte e Inglés da man! Xa está aberta a matrícula para setembro! No espazo compostelán de Aire centro de Arte, durante a primeira quincena de setembro,

Taller de moldes, con Roi Domínguez

Achegámonos ao final de curso da man do artista ourensán Roi Domínguez. Especialista en escultura, preséntanos un obradoiro de moldes que terá lugar os días 10 e 11 de xuño. O horario será de mañá, de 10h a 14h. Está dirixido a un público adulto, a partir de 12 anos. No obradoiro, quen perticipe construirá

Verán creativo!

CAMPAMENTO DE VERÁN EN AIRE CENTRO DE ARTE!!   VIVE A CREATIVIDADE!!! MATRÍCULA ABERTA!   Achégase o verán e Aire centro de Arte e Cornelia Craft únense para ofrecervos un Verán Creativo! Xa está aberta a matrícula! No espazo compostelán de Aire centro de Arte, durante todo o mes de xullo e a primeira quincena de setembro, nun horario de 10h a 14h (tamén haberá a opción para as persoas máis madrugadoras de comezar ás 8h),

Fondo de armario. Obradoiro

O vindeiro 7 de maio, a artista Elena G. Dahlgren impartirá un obradoiro no que quen participe construirá o seu propio miriñaque. Na xornada, que durará 7 horas (de 11h a 20h), o público asistente (adultos a partir de 12 anos) descubrirá non só a obra da artista, senón todo o que había detrás desta estrutura e o

Baby Band!

O 29 de abril ás 11:30h, Aire centro de Arte énchese de música e contos para todas as idades. Desde A Coruña chega a Baby Band! A través do seu último espectáculo Canta Poesía, a banda fará un percorrido pola poesía actual e de sempre a través «dun divertido e entrañable espectáculo para toda a familia».