… é máis que unha publicación trimestral. É un fanzine que recolle o traballo da xente que colabora co centro tanto a nivel expositivo como de ensinanza, sen distinguir entre alumnado e docencia.
En cada número amósase, de xeito coidado, agarimoso, un exemplo de toda arte e traballo que hai detrás do centro. Así, confórmase como unha axenda que vai alén de datas e horas pois profúndase nas exposicións e talleres que haberá cada tres meses.
No número 0 describíase o fanzine como “unha xanela ao exterior que permite achegar as nosas actividades e traballos a máis xente”. A ese número, Aire, que saía aló por xaneiro de 2013, sumáronselle outros trece. Cada verba que aparece na portada simboliza o que hai impreso en cada folla: un estado anímico que se contaxia en cada texto e imaxe que o conforma.
Nunha primeira etapa, o deseño estaba a cargo da artista Mónica Mura. A partires do número 8, Nacho Mascuñán comezou a dirixir esa parte, dándolle a cada curso unha imaxe distinta, como poderedes observar. Así o 8, 9 e 10 seguen a mesma estética, mentres o que o 11, 12 e 13 seguen unha liña distinta. Dentro do equipo habitual, poderedes atopar os textos introductivos de Neves Seara, os relatos de Andrea Barreira Freije e os textos xurídicos de Visi López del Riego.
O resto son agradábeis sorpresas segundo os convidados que nos acheguen as súas creacións e esforzos. Así pasaron por estas páxinas artistas como Marga Crespo, Marita Malvar, Raúl Álvarez, Uxía Piñeiro, Reme Remedios, Santi Jiménez, Paula Gómez del Valle, Catalina Rodríguez, Yolanda Ataraxia, Santiago Seara, Isabel Gil, Maite Ortega, Melania Freire ou Belkiss Oliveira por nomear as que ilustran as portadas. Pero hai máis, moito máis… Pero para iso convidámosvos a visitar cada volume…
LISTAXE DE FANZINES