… un lugar para crear e medrar a través de obradoiros múltiples de artes plásticas, escritura, fotografía… onde xerar coñecemento emocional e sensorial. É tamén un motor de creación de exposicións de Arte Contemporánea que combina artistas recoñecidos con novos creadores. Formou parte do espazo común Caldeirería 50 xunto á galería Metro, a editorial Cunca e ao espazo El Árbol Blanco, e proseguiu ofrecendo actividade, eventos e talleres nese espazo con Casa morada SC .
Actualmente nos adicamos á xestión, formación e divulgación dando clases todo o ano e ofrecendo talleres e proxectos a entidades públicas como museos, salas e espazos das diferentes deputacións galegas.
Desde Aire deseñamos didácticas creativas e máis eventos culturais para outras entidades. Xuntamos os coñecementos de ambas directoras xunto aos colaboradores, artistas, psicólogos, músicos, fotógrafos de nivel internacional que nos acompañan nas distintas actividades elaboradas.
Todas as nosas propostas serven de elos dunha cadea creativa para formar coñecementos artísticos, literarios e visuais, apoiados por unha pedagoxía que se basea en promover novas estratexias de expresión nun entorno coidado e acolledor. Estas didácticas, exposicións e eventos tecen redes emocionais, sociais, culturais e creativas para nenos, familias, adultos e espazos laborais.
Ata o momento desenvolvemos máis de 60 didácticas diferentes dentro de Aire e noutras institucións como escolas da rede da Xunta, a Fundación Eugenio Granell e o Centro Galego de Arte Contemporánea en Santiago ou Taller Abierto en Pontevedra.