Obradoiro: Escintileos de papel.
Obradoiro de Origami.
Docente: Andreia Agra. (frufrüOrigami)
Data: 12 de marzo de 2016.
Duración: De 17h a 19:30h
Público: A partir de 12 anos. (Máx. 12 alumnxs)
Prezo: 18€ con material incluído
A luz é, por si soa, unha marabilla da natureza: os raios que nos iluminan polas mañás cando abrimos a persiana, a bombilla que guía a nosa lectura ou as formas luminosas que xera o lume dunha lareira. Todos estes tipos de luz son especiais para nós.
No obradoiro “Escintileos de papel” seremos capaces de gardar algúns deses escintileos en paredes de papel. Grazas a diferentes tipos de origami crearemos pezas decorativas para facelo e así, poder conservar algúns deses raios luminosos para sempre.
Está destinado a calquera persoa interesada na decoración e no origami. Non son necesarios coñecementos previos sobre a papiroflexia pero requírese paciencia e habilidade coas mans.
As figuras que se crearán ao longo do obradoiro son as seguintes:
- Lámpada de mesa de semicorrugados.
- Portavelas.
- Grilanda tulipán.
- Grilanda bomba de auga.
- Grilanda de corrugados.
- Grilanda de corazóns.
O taller estará impartido por Andreia Agra, unha apaixonada do origami. Descubriu a súa afección por casualidade, consultando unha antiga enciclopedia e así foi como xurdiu frufrüOrigami, blog no que as súas figuras decorativas feitas con papiroflexia convértense en protagonistas de relatos breves.
Texto: Andreia Agra
Escintileos de papel é un obradoiro de origami impartido porAndreia Agra (frufrüorigami), que se desenvolverá o sábado 12 de marzo ás 17h ata as 19:30. Está adicado a un público adulto (a partir de 12 anos) e terá un máximo de 12 alumnos. O seu prezo, con material incluído, é de 18€.
Reserva a túa praza no e-mail airecentrodearte@gmail.como ou chama ao 981 589 059.