Este martes, na sección de Briconsellos legais pasa artistas, curiosos, profanos e xente de a pé, a nosa colaboradora, Visi López del Riego, avogada especializada en temas de cultura, deixa algunha recomendación para o mundo dos monicreques.
Fabricades fermosas historias tras un pano de veludo vermello. Así, conseguides que volvamos ser un chisco máis inocentes, nese momento no que vemos os fantásticos bonecos que viven a súa vida allea á nosa: pelexan, abrazan, rifan, bícanse y ata filosofan. As persoas que os creades sodes xenerosas porque cededes o voso protagonismo a un pedazo de plástico, madeira, trapo ou cartón que, cun pouco de pintura, algúns fíos e moita vontade, fannos pensar, imaxinar, rir, berrar e aplaudir con entusiasmo.
Mais como lle ocorreu a Pinocho, vós tamén queredes ser reais. Sodes reais. Así que se me permitides ser o voso Pe pito Grilo teño que lembrarvos que os dereitos de propiedade intelectual tamén teñen un palco de butacas reservado para vós. Como manipuladores/manipuladoras de bonecos ou monicreques, ventrílocuos/ventrílocuas… a lei equipara a artistas, intérpretes ou executantes artísticos con dereitos morais e patrimoniais que podedes facer valer e reclamar.
Para contratos en espectáculos públicos, cláusulas incomprensibles, dúbidas, aclaracións e demais “disfraces” legais, poñédevos en contacto con Visi López del Riego en Aire centro de Arte, Caldeirería 50, 2º, Santiago de Compostela.
Texto: Visi López