Obradoiro: O mundo do cómic I.
Construcción de personaxes
Docente: David Fajardo.
Data: 21 de novembro de 2015.
Duración: De 11h a 14h – 16:30 a 19:30h
Público: A partir de 12 anos
Prezo: 60€ con material incluído
Hai ducias de xeitos de contar unha historia, pero todas teñen algo en común: hai alguén que as vive. Ese alguén pode ser máis ou menos real, cun toque fantástico ou directamente habitante dos nosos mundos, pero inexistente neste universo que nos tocou vivir. Cando unha persoa escribe, os seus personaxes están configurados na súa cabeza cunha visión moi particular e persoal. Cada lector e lectora, pola súa banda, constrúe eses seres a partir da súa propia imaxinación. E logo están as ilustradoras e ilustradores, capaces de darlles vida a través dos trazos.
Con novembro chega un novo obradoiro: o de cómic. O docente encargado de impartilo será David Fajardo (Mad Faks) que ilustrou, entre outras historias, a novela As Aventuras de Margaret White de Manuel Moledo ou La Palabra Perdida de Jacobo Feijoo.
Esta primeira sesión, xa que este taller funcionará como masterclass esporádica, estará adicada á elaboración dun personaxe. A partir dunhas pautas explicativas, cada persoa que se achegue ao obradoiro irá creando o seu propio personaxe. Así, será unha xornada teórico-práctica na que se descubrirán trazos desde o carácter ás expresións, musculación, postura…
“Durante a clase, cada alumna e alumno realizará o deseño da súa propia personaxe segundo se explica cada paso”, explica David Fajardo. “Así, cada persoa volverá a casa cun personaxe e cos coñecementos afianzados”.
Ademais mostraranse os distintos materiais que se utilizan para realizar ilustracións: rotuladores Copic-Ciao, Pinceis de tinta ou tabletas dixitalizadoras. Isto permitirá familiarizarse con eles e atopar o estilo no que cada persoa se sinte máis cómoda.