As persoas interesadas en aprender a base de debuxo e pintura atoparán aquí o seu espazo. Estas clases están orientadas á ensinanza de distintas técnicas: grafito, acuarela, óleo, carbón, pastel… o que lles permitirá descubrir as súas posibilidades, propiedades e texturas. Ademais aprenderán conceptos como a composición, o uso da cor, perspectiva, encadre, sombreado…
Os grupos son reducidos, polo que é un espazo axeitado para aquelas persoas que queren aprender a debuxar como para as que queren mergullarse en novas técnicas.
O obradoiro está impartido por Neves Seara, artista plástica e directora de Aire centro de Arte.
As sesións terán lugar os martes e xoves de 11:30 a 13:30.
O prezo é de 55€/mes con material incluído. Só e preciso traer unha carpeta DINA3 e un mandilón.
Máis información e reserva de prazas en:
airecentrodearte@gmail.com //981 589 059