CASA MORADA: MICRO-MUSEO DE XÉNERO

«Teñen que estar desnudas as mulleres para entrar no Museo Metropolitano de Nova Yorke?” – Guerrilla Girls

Este mes de febreiro as pequenas de Aire centro de Arte están inmersas na creación dunha pequena exposición de mulleres da historia da arte no micro-museo de xénero Casa Morada.

A selección de artistas abarca a mulleres de todas as épocas, dende a caravaggista Artemisa Gentileschi, pasando por grandes nomes do XVIII como Angelica Kauffmann ou Élisabeth Vigée-Le-Brun, ata pintoras máis contemporáneas: impresionitas como Mary Cassatt, vangardistas como Sonia Delauney-Terk ou xa máis cercanas, como Ana Mendieta, Cindy Sherman, Tracey Emin ou Jenny Holzer. Tamén atopamos escultoras da talla de Camille Claudel ou as arañas de Louise Bourgeois.

As nenas encárganse de reproducir as súas obras en escala, tanto a través do copiado, como coa reinterpretación, e incluso montando as esculturas. A través deste traballo coñecen máis a fondo a algunhas das grandes mulleres da historia, ensombrecidas polos seus compañeiros homes, estudando a súa creación. Despois son, como pequenas comisarias, as encargadas de emprazalas no micro-museo de xénero, que reside na casa de bonecas Casa Morada, organizando a disposición da exposición.

Por último, e non menos importante, engadirán á colección unha obra de creación propia, porque elas tamén son mulleres artistas e merecen un oco ao carón das súas compañeiras.

Dende Aire centro de Arte nos comprometemos co traballo creativo das mulleres, co seu recoñecemento histórico e coa súa inclusión nos circuítos artísticos. E que sabémolo: o futuro é feminino!

Por favor seguenos e comparte:

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *