Este vindeiro Venres 15 de Xuño, as 18:00 h no Aire Centro de Arte, terá lugar a exposición MAMÁ, QUERO SER ARTISTA (IV Edición), na que se exporán obras dxs alumnxs de Aire que farán unha achega de todo o feito e desenvolto ao longo do ano.
Esta é unha oportunidade para que xs nenxs poidan ver o froito de toda a actividade transcorrida durante o curso, para así poderen observar con outra óptica as súas propias obras nun contexto de espazo expositivo para reconfigurar a súa apreciación das mesmas. Para elxs, e para nós tamén. Porque esta exposición non é máis que unha grande oportunidade para todxs para reconectar coa arte, dende xs máis pequenxs ata xs máis maiores. Algo que dende Aire, non deixamos de facer e desfrutar día a día dende o primeiro de todos.
A exposición incluirá os exercicios artísticos executados durante o curso, como: os grises, empregando técnica a lápiz, o uso da técnica do arrastre; o manexo do téxtil; o estudo de obras de artistas e a su reinterpretación, como as cadeiras de Van Vogh e os retratos picassianos; a concienciación co ecoloxismo coa reutilización do plástico; e tamén a palabra como ferramenta de creación artística mediante a confección de caligramas, pictogramas, poemas e poemarios. Tamén incluiránse obras individuais escollidas pola súa orixinalidade.