Este ano, non só as crianzas teñen teatro. As persoas adultas, a partir de 16 anos, poderán asistir a sesións intensivas de PERFORMANCE OU ARTE DE ACCIÓN. As sesións terán lugar o 4º sábado de cada mes, de 10:00 a 14:00. O prezo do obradoiro é de 35€/mes.
O taller estará impartido por Neves Seara, licenciada en Belas Artes, especialización en escenografía, leva 15 anos adicándose á performance.
Os obxectivos do curso son os seguintes:
As clases permitirannos traballar a desinhibición e o medo escénico. O obxectivo sempre será soltarse, divertirse, aprender, interactuar e comunicarse.
Tamén traballaremos as principais ferramentas do actor que son o corpo, a voz e a mente, ademais da escoita, a aceptación, a imaxinación, a espontaneidade e a atención como puntos de partida.
Estrutura da clase
Cada encontro dividirase en dúas partes:
O quecemento (terá o mesmo contido en cada clase): Traballaremos primeiro de forma individual e introvertida (cara dentro) para chegar ao traballo grupal e extrovertido (cara a fóra), usando exercicios de J. Grotowsky.
Os compoñentes son: a relaxación, a flexibilidade, o coñecemento do corpo, a resistencia, a voz e o ritmo.
Os contidos: cada clase basearase nun tema diferente.