Idea, concepto e proceso da creación (Arte)

Idea, concepto e proceso da creación é un curso que segue a metodoloxía das facultades de Belas Artes. Nel, quen participa desenvolve ou seu propio proxecto creativo, desde a concepción da idea á execución da peza, pasando pola investigación do concepto que se pretende desenvolver. A un tempo apréndense e profúndase nas distintas técnicas que se poden empregar, desde as utilizadas en debuxo e pintura, como as máis relacionadas coa fotografía, a escultura, a instalación ou a performance.

Ademais, quen participa neste curso ten a posibilidade de participar nas sesións de modelo ao natural unha vez ao mes, guiadas por Neves Seara, e nas clases intensivas de pintura impartidas por César Medina. A un tempo, terán a posibilidade de ter diferentes master class das artistas que expoñan en Aire centro de Arte e propoñan as sesións para un público adulto.

O taller estará impartido pola artista plástica, performer e directora de Aire centro de Arte, Neves Seara.

As clases serán lugar os xoves de 19:00 a 21:00 e os venres de 18:00 a 20:00. 

O prezo  do obradoiro é de 55€/mes con material incluído.

Máis información e reserva de prazas en:
airecentrodearte@gmail.com // 981 589 509
Por favor seguenos e comparte:

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *