RAÍCES ESTEREOTIPADAS. O corpo feminino como obxecto na publicidade

O próximo mércores 30 de novembro ás 18h terá lugar en Aire Centro de Arte a charla Raíces estereotipadas. O corpo feminino como obxecto na publicidade. O coloquio artellarase en base a tres bloques:

  1. Publicidade ou arte? Por Neves Seara.
  2. Os límites da lexislación. Por Visi López del Riego.
  3. O corpo feminino na publicidade española. Por Alba Lojo e María Rodríguez.

Na primeira parte, falaremos sobre os sutís límites entre o que se pode considerar arte e/ou publicidade. Existen moitos anuncios que co pretexto de seren unha obra artística superan ás leis que protexen ás mulleres da denigración publicitaria. O que nos leva ao seguinte punto: a lexislación. Cales son esas leis específicas que defenden e penalizan ao indignante número de anuncios machistas? Son poucas e moi recentes, se atendemos ao percorrido histórico da publicidade do noso país. E así chegamos ao derradeiro apartado: unha análise histórica da publicidade española, atendendo ao emprego do corpo feminino como mero obxecto. E é que desde as súas orixes ata hoxe, os medios de comunicación seguen a adxudicar á muller o mesmo papel: xoguete sexual, nai, filla, irmá, secretaria… Sempre coidadoras, sempre traballadoras para á outra metade da poboación, os homes.

Deste xeito, desde Aire Centro de Arte damos voz ás mulleres neste #mesdexénero, con motivo do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero (25 de novembro), e tínguese de morado a través do novo espazo: #casamorada, que acollerá artistas cuxa obra se enmarque dentro da perspectiva de xénero. Será un espazo permanente, porque esa voz non pode, non quere e non debe calar nunca.

 

Por favor seguenos e comparte:

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *