Collages Sonoros. Obradoiro de Collage

CARTEL MAITE ORTEG TALLERDocente: Maite Orteja

Data: 12 de novembro de 2016.

Duración: De 12 a 13:30 (nenxs a partir de 4 anos)

17:00h a 20:00h (adultos)

Público: A partir de 4 anos.

Prezo: 15€ nenxs con material incluído

35€ adultos con material incluído

O sábado 12 de novembro desenvolverase un novo obradoiro intensivo, tanto para nenxs (a partir de 4 anos), na sesión de mañá (12h), como para adultos, na sesión de tarde (17h). O taller estará impartido pola artista Maite Ortega que, inspirándose na súa exposición Collage sonoros, introduciranos noutro xeito de crear collagesAsí, quen participe transformará cancións en imaxes a través de recortes. Como explica Maite, «as revistas e papeis serviranos para facer visibeis, cada persoa ao seu xeito, o que suxiran os sons de cada melodía». Faranse varios exercicios de corta e pega utilizando case todos os sentidos, pero sobre todo «seremos todo ouvidos!».

Maite Ortega é licenciada en Belas Artes pola Universidade Politécnica de Valencia. É collagista e bordadora. Pertence á Sociedad de Collage de Madrid, é cofundadora do fanzine Ropa Tendida (que podedes adquirir en Aire centro de Arte), facilitadora co colectivo Debajo del Sombrero en Matadero de Madrid e ilustradora en Proyecto Khalo.

Collages sonoros é un obradoiro de collage impartido por Maite Ortega, que se desenvolverá o sábado 12 de novembro en dúas sesións: de 12 a 13:30 para nenxs a partir de 4 anos e ás 17:00h ata as 20 para adultos. O seu prezo, con material incluído, é de 15€ para nenos e de 35€ para adultos.

Reserva a túa praza no e-mail airecentrodearte@gmail.com ou chama ao 981 589 059.

 

Por favor seguenos e comparte:

1 Comments

  1. Pingback: Axenda cultural para xente miúda en Compostela do 11 ao 13 de novembro – Axenda cultural en Compostela para xente miúda

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *