Masaxista: Erica Rendall
Data: 26 de outubro de 2016.
Duración: De 16:00h a 19:30h
Público: A partir de 18 anos.
Prezo: proba gratis
Unha das novidades deste ano en Aire centro de Arte é a compañía de Erica Rendall que nos achega as sonoterapias.
Para que probedes e vexades por vós mesmxs que é a Sonoterapia, que se ofertará a partir de outubro no noso centro, a musicoterapeuta e terapeuta de son Erica Rendall. Para quen teña interese por coñecer e saber máis sobre esta forma de terapia, organízase, o próximo mércores 26 de outubro, unha sesión de portas abertas onde se poderá gozar dunha sesión individual gratuíta de aproximadamente 15-20 minutos.
A sonoterapia usa o son e a vibración para sandar, equilibrar e harmonizar o noso organismo a nivel físico, mental, emocional e espiritual, a través da aplicación de frecuencias específicas sobre o noso corpo (zonas afectadas, puntos enerxéticos, meridianos…) xerando unha resposta inmediata de alivio, equilibrio y relaxación.
Para máis información: www.ericarendall.com.
Concreta a túa cita no 694 444 371.