A arte e a imaxinación alimentan e desenvolven as capacidades creativas individuais. Ao mesmo tempo, facilita a comunicación, crea conexións neurais novas para favorecer a unha axilidade mental máis produtiva, axuda a adquirir coñecementos culturais e técnicos novos, elimina bloqueos e alivia o estrés.
Idea, concepto e proceso da creación é unha aula para a aprendizaxe creativa orientada a adultos no que buscaremos unha linguaxe expresiva persoal. Para logralo, desenvolveremos unha obra artística desde a súa base até a súa finalización, é dicir, xerar unha idea, desenvolver o concepto ao redor do que xira e localizalo nun contexto contemporáneo; logo comprender o proceso creativo, desde o emprego de materiais e ferramentas até que técnicas se poden usar; finalmente, abordar a súa resolución estética ou formal.
Nestes obradoiros creativos, a través da experiencia formal, estética, corporal e grupal desenvólvense coñecementos expresivos e emocionais a partir de distintas linguaxes artísticas:
Debuxo// Pintura// Gravado// Artes plásticas contemporánea// Escultura de pequeno formato
Linguaxes que nos obradoiros de “Idea, concepto e proceso da creación, desenvolvemento de proxectos persoais” poderán desenvolver e profundar segundo o interese que provoque cada un.
Todos os obradoiros están orientados a calquera adulto con ou sen coñecementos artísticos ou técnicos previos. Iranse equilibrando as prácticas plásticas para facilitar a comprensión da visión do outro e un mesmo, do xogo…
Trátase dun laboratorio de expresión, comunicación e proceso creativo específico para descubrir e potenciar as vosas mellores calidades individuais e grupais, favorecendo a autonomía, a confianza e a empatía.
IDADES: a partir de 13 anos
HORARIO: Martes e xoves de 11:00-13:00 // Xoves de 19:00-21:00
PREZO: 55€ con material incluído
Máis información en:
airecentrodearte@gmail.com
981 589 059