De que están feitas as figuras do Belén?

calder-copia-350x245Na nosa nenez cadaquén construiu un Belén que mesturaba figuras grandes con pequenas. Animais existentes e extintos. Un bebé que ás veces non collía na corte ou uns Reis que, malia a distancia, eran figuras enormes, seguro que proporcional á cantidade de agasaios que se agardaba recibir o 6 de xaneiro.

belen-350x245Quen non puxo, algunha vez, a ilusión na montaxe dun nacemento? Algo que se facía en conxunto: dende quitar pó as peciñas a recoller o musgo e a area dos camiños, pasando pola colocación nunha orde caótica de cada personaxe.

IMG_3010-350x245O pasado Nadal, a primeira planta de Caldeirería 50 converteuse nun punto de encontro para levantar un Belén moi especial. Un nacemento feito con materiais de refugallo, entre persoas de distintas idades, de distintas familias que, durante unha tarde. A didáctica inspirouse no Circo creado polo artista estadounidense Alexander Calder.

reisReis que viña paseniño, ovellas da terra e do espazo vixiladas por un pastor, unha lavandeira… A mula e o boi. Un pai unha nai e un anxo que guía e observa baixo a protección dunha estrela. Todo con material moi diverso: tubos de cartón, vasos de iogurt, teas, corchos… Cousas que nun principio irían ao lixo, aos poucos recuperaron a vida.

As figuras ocupaban o seu lugar segundo se remataban de crear, como pezas dun quebracabezas que saben cal é o seu lugar exacto.nenas-150x150

 

Por favor seguenos e comparte:

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *