Obradoiro: Experimentación con modelo ao natural
Docente: Neves Seara
Data: 26 (19h) e 28 (12h) de novembro de 2015.
Duración: 2 horas e media
Público: A partir de 12 anos
Prezo: 10€ con material incluído.
Non moitas veces se ten a oportunidade de traballar cunha modelo ao natural. Durante este curso temos a satisfacción de poder ofertar unha serie de sesións nas que re-descubrir o corpo humano a través da arte.
Cada mes, en Aire centro de Arte, haberá dous días (un xoves e un sábado que se determinará cada mes) nos que experimentar, durante dúas horas e media, con distintas técnicas para capturar a esencia da modelo. Cadaquén poderá escoller na que se sinta máis a gusto, sempre coa guía, axuda e orientación de Neves Seara, docente, artista e directora do centro.
O prezo do obradoiro é de 10€ cada sesión. Contamos con distintos papeis, lapis, acuarelas, pasteis, tinta chinesa, témperas… que poden ser usados polas persoas interesadas. Se alguén quere algo moi concreto pode traer o seu propio material, hai que traballa ao óleo e prefire usar o seus propios lenzos, as súas cores, pinceis… (por poñer un exemplo), polo que podedes sentirvos libres na escolla dos vosos materiais.
Agardamos que gocedes con estas clases. Quen probou en sesións previas repetiu.
Prégase reservar a praza en: airecentrodeaire@gmail.com ou chamando ao 981 589 059