Escintileos de papel

origami-copia-350x245FICHA TÉCNICA:

Obradoiro: Escintileos de papel.
Obradoiro de Origami.

Docente: 
Andreia Agra. (frufrüOrigami)

Data: 12 de marzo de 2016.

Duración: De 17h a 19:30h

Público: A partir de 12 anos. (Máx. 12 alumnxs)

Prezo: 18€ con material incluído

MG_0746-350x245A luz é, por si soa, unha marabilla da natureza: os raios que nos iluminan polas mañás cando abrimos a persiana, a bombilla que guía a nosa lectura ou as formas luminosas que xera o lume dunha lareira. Todos estes tipos de luz son especiais para nós.

No obradoiro “Escintileos de papel” seremos capaces de gardar algúns deses escintileos en paredes de papel. Grazas a diferentes tipos de origami crearemos pezas decorativas para facelo e así, poder conservar algúns deses raios luminosos para sempre.

Está destinado a calquera persoa interesada na decoración e no origami. Non son necesarios coñecementos previos sobre a papiroflexia pero requírese paciencia e habilidade coas mans.

As figuras que se crearán ao longo do obradoiro son as seguintes:

  • Lámpada de mesa de semicorrugados.
  • Portavelas.
  • Grilanda tulipán.
  • Grilanda bomba de auga.
  • Grilanda de corrugados.
  • Grilanda de corazóns.

O taller estará impartido por Andreia Agra, unha apaixonada do origami. Descubriu a súa afección por casualidade, consultando unha antiga enciclopedia e así foi como xurdiu frufrüOrigami, blog no que as súas figuras decorativas feitas con papiroflexia convértense en protagonistas de relatos breves.

Texto: Andreia Agra

MG_1192-300x200Escintileos de papel é un obradoiro de origami impartido porAndreia Agra (frufrüorigami), que se desenvolverá o sábado 12 de marzo ás 17h ata as 19:30. Está adicado a un público adulto (a partir de 12 anos) e terá un máximo de 12 alumnos. O seu prezo, con material incluído, é de 18€.

Reserva a túa praza no e-mail airecentrodearte@gmail.como ou chama ao 981 589 059.

 

Por favor seguenos e comparte:

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *