Lembranzas de papel. Obradoiro de origami.

FICHA TÉCNICA:

Obradoiro: Lembranzas de papel. Taller de Origami.

Docente:
Andreia Agra (FrufrüOrigami)

Data: 24 de outubro de 2015.

Duración: 17h a 20h

Público: A partir de 15 anos

Prezo: 20€ con material incluído

 

O papel transfórmase a cada xesto que poñemos sobre el. De xeito inconsciente as nosas mans tenden a enredar nel, a xogar, a dobralo e desdobralo sen xeito e sen sentido.

Porén, de cando en vez, os dedos buscan as formas que se ocultan tras unha folla. É nese intre cando o papel cobra vida e pasa a ser un paxaro, unha ra, unha flor… incluso unha letra. Formas xeométricas, pregos, xiros agardados…

Peza e fotografía de Andreia Agra

Peza e fotografía de Andreia Agra

Andreia Agra (FrufrüOrigami), trae o seu mundo de origami a Aire centro de Arte. “Dobras a esquina superior esquerda. Dobras a esquina inferior dereita. Dáslle a volta: prego val, prego montaña. Consegues que ese pedazo de papel nunca volva do paso catro ao paso tres, que non volva a ser o mesmo que era cando o colliches da mesa. A súa memoria altérase con cada un dos teus movementos.

Iso é a papiroflexia: movementos precisos que transforman os recordos do papel. No obradoiro Lembranzas no papel serás ti o que os transforme, practicando origami clásico, modula e os corrugados, técnica máis exixente e precisa.”

Peza e fotografía de Andreia Agra

Peza e fotografía de Andreia Agra

Baixo a atenta mirada das pezas de Luís Caruncho, as formas xeométricas tomarán corpo unha vez máis, desta volta da man do origami. Igual que o artista xoga cos trazos para crear figuras imposibles, coa papiroflexia os trazos convértense en dobreces, e a xeometría acádase en cada prego. Pois, en realidade, ambas artes xogan coas formas: triángulos, cadrados, rombos… Peza a peza xógase a sacar imaxes do papel, ao igual que o facían os artistas clásicos do mármore.

O espazo de Caldeirería50 acolle o obradoiro Lembranzas de papelque terá lugar o 24 de outubro. A partir das 17h, en tres horas, quen participe construirá unha ra saltona (origami clásico), un floreiro (semicorrugados de origami), unha espiral de Tomoko Fuse (origami modular) e un patrón en zigzag (corrugado de origami). O taller está adicado a un público adulto.

Por favor seguenos e comparte:

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *