… deseñados con coidado para os distintos públicos que nos acompañan ao longo do curso. Infancia, adolescencia, madurez… porque a creatividade non entende de idades.

En Aire propoñemos todo tipo de obradoiros creativos para realizar tanto no propio centro como en outras entidades ou espazos. A través da experimentación formal, escrita, plástica, visual e corporal, de xeito individual e/ou en grupo, desenvolvemos coñecementos expresivos e emocionais.

Entendemos a creatividade como un lugar para a comunicación e o desafogo. As distintas formas de expresión axudan a alimentar e desenvolver novas estratexias de comunicación, a xerar empatía, aliviar o estrés e a eliminar bloqueos.

FOTOGRAFÍA // PINTURA // DEBUXO // ESCRITURA // GRAVADO // COLLAGE // ARTES PLÁSTICAS
// ESCULTURA // PERFORMANCE // TEATRO //
NOVAS TECNOLOXÍAS ORIENTADAS Á ARTE// LINGUAS

As didácticas están deseñadas por profesionais especialistas nas técnicas que imparten e que contan con experiencia na coordinación de grupos e xestión de proxectos. Os obradoiros creativos están deseñados para cada grupo. Así, cada proposta é única. Acompáñase o proceso con dinámicas corporais, de diálogo e traballo reflexivo e en equipo para conseguir a máxima expresión de cada un dos participantes e potenciar as súas mellores calidades e capacidades creativas.