Soundpainting

5LOGONUEVO

Soundpaintingmadrid, dirixido por Ricardo Gassent, é a primeira Escola Aberta de Soundpainting en España, cuxa sede está en Madrid. Busca abrirse á internacionalización organizando Seminarios de Desenvolvemento de soundpainting noutras localizacións, sendo a súa primeira acción en Galiza, concretamente en Santiago de Compostela. Esto conectará diferentes performers, artistas plásticos, músicos, bailaríns, poetas, actores…
Neste Seminario de Desenvolmento de soundpaintig impartirase formación e crearanse encontros, charlas, intercambios en distintos centros e institucións… que favorezan a creación, comprensión e intercambio dentre desta arte.
A iniciativa de Soundpaintigmadrid e do seu director Ricardo Gassent Balaguer conta coa colaboración e a xestión de Aire centro de Arte (Santiago de Compostela)

Para máis información, podes visitar as súas páxinas webs:

www.soundpaintingmadrid.com // www.airecentrodearte.es

Que é o soundpainting?

Fotografía de Helena Palma
Fotografía de Helena Palma

Soundpainting é unha linguaxe universal de sinais para a composición multidisciplinar en vivo, interpretada por músicos, actores, bailaríns e artistas visuais. Na actualidade (2016) a lingua está composta por máis de 1500 xestos que son usados polo Soundpainter (compositor) para indicar o tipo de material que desexa dos intérpretes. Este realiza unha composición a través da variación dos distintos parámetros de cada conxunto dos xestos expresados.

O Soundpainting foi creado por Walter Thompson en Woodstock, Nova York, en 1974. Existe unha certificación oficial que garante que as persoas que imparten o soundpainting están capacitadas para iso.

Quen o imparte?

O soundpainter Ricardo Gassente, retratado por Helena Palma
O soundpainter Ricardo Gassent, retratado por Helena Palma

Ricardo Gassent é Soundpainter multidisciplinar e director do proxecto. Comezou os estudos musicais baixo a tutela do seu pai, a quen lle debe a súa paixón pola música e a arte. Tras os estudos superiores de óboe, harmonía, composición e contrapunto, ampliou a súa formación en Berlín de 2001 e 2005 traballando música de cámara con solistas da Berliner Philharmoniker.

Posteriormente funda a Sociedade Filharmónica Madrid Berlín, proxecto de intercambio cultural entre profesionais da música de España e Alemaña, recibindo en 2007 o recoñecemento do goberno alemán, baixo a súa presidencia da Unión Europea, ao mellor proxecto sociocultural europeo. Experto en música de cámara, é na súa faceta de solista na que mellor se desenvolve, tocando nas mellores salas de Europa e estreando moitas obras contemporáneas para óboe xunto a Sebastián Mariné. É profesor por oposición nas Escolas Municipais de Música e Danza de Alcobendas, Aranjuez e Tres Cantos, onde, ademais da súa función como profesor de óboe, desenvolve proxectos creativos e interdisciplinares.

As súas inquedanzas artísticas levárono a explorar outras disciplinas artísticas e en 2012 comezou a estudar Soundpainting con Walter Thompson en París. En 2014 crea Soundpaintingmadrid co obxectivo de difundir e desenvolver esta linguaxe en España. Forma parte do grupo dos soundpainters máis relevantes do mundo que se reúnen unha vez ao ano nun Think Tank para o desenvolvemento da linguaxe tanto no ámbito artístico, como ferramenta pedagóxica. Cada ano realízase nunha cidade diferente. En 2016 fíxose no Conservatorio Superior de Música de Milán.

Acaba de ser nomeado Artista Residente 2017 na Cité des Arts de París. Programa de residencias artísticas organizado e sustentado polo Instituto Francés e o Goberno da cidade de París.

Premios
Beca “EmprendeEscena 2016” da Factoría Cultural.
Premio “Ciudad de Tres Cantos 2016 a la Cultura”

Historia de Soundpaintingmadrid

helena palma7
Fotografía de Helena Palma

Soundpaintingmadrid é unha iniciativa do Soundpainter español Ricardo Gassent que nace en 2014 co obxectivo de difundir e desenvolver o soundpainting en España, tanto no mundo profesional da creación e interpretación artística como na súa faceta amateur e pedagóxica.

Parte dun obxectivo integrador e de colaboración con distintas institucións, grupos e persoas do mundo do soundpainting ou interesadas nel, tanto en España como noutros países; especialmente da Unión Europea.

Soundpainting é unha linguaxe universal de sinais para a composición multidisciplinar en vivo, a cal é interpretada por músicos, actores, bailaríns e artistas visuais. Na actualidade (2014) a lingua está composta por máis de 1500 xestos que son usados polo Soundpainter (compositor) para indicar o tipo de material que desexa dos intérpretes. Este realiza unha composición mediante a variación dos diferentes parámetros de cada conxunto dos xestos expresados. O Soundpainting foi creado por Walter Thompson en Woodstock, Nova York, en 1974. (www.soundpainting.com)

helena palma3
Fotografía de Helena Palma

Soundpaintingmadrid vertebra a súa actividade en RELATE: colectivo de soundpainting formado por un total de 20 artistas entre músicos, bailaríns, actores, artistas visuais e performers. Traballa quincenalmente desde a súa fundación, tendo realizado varias performances, destacando as súas participacións en “La Noche en Blanco” dos anos 2013 e 2014 realizadas na cidade madrileña de Tres Cantos o primeiro sábado de xullo.

Así, con este mesmo obxectivo, é “Proyecto Residente” desde xaneiro de 2015 en Tres Cantos, un apoio firme do seu Concello resultado de ditas participacións.

Onde podo atopar información sobre o mundo do soundpainting?

Na web www.soundpainting.com podes atopar toda a información sobre o soundpainting e como se desenvolve no mundo.

bailarinas-sinfondo
Fotografía de Helena Palma

Que proxectos de soundpainting hai no mundo?

Estes son algúns dos proxectos e soundpainters máis relevantes do mundo:

www.tourssoundpaintingorchestra.com

www.le-spang.fr

www.cerenoran.com

www.johansabbe.com

http://berlinsoundpaintingorchestra.jimdo.com/

http://oscarvidalsoundpainter.blogspot.com

 

A creatividade non ten límites