ORIGAMI

Peza e fotografía de Andreia Agra

Cada trimestre, FrufrüOrigami (Andreia Agra) proponnos novas pezas para executar a través da papiroflexia. A próxima sesión estará repartido en dúas xornadas: o 30 de setembro e o 7 de outubro, de 17:30 a 19:30. Neste obradoiro aprenderemos a construír distintas grilandas e lámpadas (grilanda de triángulos dunha sola peza, unha lámpada de teito sinxela, unha lámpada de teito complexa, unha lámpada de mesa estrela «Paolo Bascetta» con portalámpadas e interruptor listo para usar, unha lámpada Estrela Omega e luces sen luces). O prezo é de 28€/material incluído. Prazas limitadas, a partir de 13 anos.

 

INICIACIÓN Á MAXIA

Un trimestre máis contamos coa presenza do ilusionista Joshua Kenneth. A través deste obradoiro, para todos os públicos (a partir de 7 anos), quen participe non só aprenderá diferentes trucos, senón que será quen de enfrontarse a un público expectante, gañando en soltura social e manual. A próxima sesión será o 28 de outubro, de 17:00 a 19:00. O prezo é de 15€/material incluído.

 

DEBUXO AO NATURAL

Fotografía de Nacho Mascuñán

Cada mes, gozaremos dunha sesión de debuxo ao natural con modelo, guiada por Neves Seara. A través de distintas técnicas: grafito, pastel, tinta chinesa, carbón… quen participe retratará distintas posturas da modelo. As sesións deste trimestre serán os 5 de outubro, 2 de novembro e 14 de decembro, de 19:00 a 21:00. O prezo é de 20€/ sesión con material incluído. Este obradoiro é gratuíto para xs alumnxs da escola.

 

 

INICIACIÓN Á PINTURA

César Medina proponnos unha viaxa a través da pintura desde a expresión á abstracción. Un obradoiro para quen queira mergullarse no mundo das cores, ben a modo de iniciación ou para profundar coñecementos. Durante este trimestre haberá unha sesión cada mes, para crianzas a partir de 8 anos (17 de outubro, 7 de novembro e 19 de decembro, de 18:00 a 20:00) cun prezo de 7€/sesión con material incluído; e para adultos (19 de outubro, 9 de novembro e 21 de decembro, de 19:00 a 21:00), cun prezo de 20€/sesión con material incluído. Estes obradoiros son gratuítos para xs alumnxs da escola.

OBRADOIROS CON ARTISTAS

1.- Deconstrución cerámica. A artista Bea Romarti propón un obradoiro para crianzas (entre 8 e 12 anos) no que re-interpratarán a súa obra. A partir de obxectos escollidos e traídos polas crianzas construirán a súa propia peza cerámica. Terá lugar o 24 de novembro de 17:00 a 18:30. Prazas limitadas. Este obradoiro é gratuíto para xs alumnxs da escola.

 

Para cada obradoiro é preciso reservar a túa praza. Tamén podes pedir máis info en:
airecentrodearte@gmail.com // 981 589 059